Desde que no ano 1950 os irmáns Jaime e José Castro Carballeira inaugurasen Almacenes San Marcos, esta empresa foi un referente en canto a calidade e seriedade. ALMACENES SAN MARCOS PROFESIONAL continúa sendo unha empresa na que a seriedade, eficacia e trato ao cliente constitúen a prioridade na súa xestión.
Desde aqueles difíciles anos 50, a sociedade e o mercado cambiaron radicalmente e Almacenes San Marcos pasou por diversas etapas ata a actualidade, pero sempre mantendo firmes os seus alicerces básicos.
Os nosos clientes mantivéronse fieis grazas ao noso traballo ben feito. Sempre lles ofrecemos e asesorámoslles, baseándonos na nosa ampla variedade de artigos, aqueles que mellor se adaptan ás súas necesidades. |