En ALMACENES SAN MARCOS PROFESIONAL ofrecemos aos nosos clientes unha ampla gama de artigos en equipamento laboral. Dispomos de uniformes e calzado para todo tipo de empresas desde o sector sanitario ou a hostalería ata a industria, cunha especial dedicación á subministración a entidades públicas. Temos ademais servizo de estampación por serigrafía e realizamos envíos a calquera punto de España.
Resolvemos con eficacia calquera subministración. Se a súa empresa ou entidade necesita algún artigo e non sabe como nin onde conseguilo, ou necesita resolver algunha subministración e non sabe nin por onde empezar, póñase en contacto coa nosa empresa, trataremos por todos os medios de solucionalo. A nosa experiencia, acumulada en case 60 anos de existencia, aválannos para iso.
E se non desexa complicacións, confíenos a xestión integral das subministracións téxtiles da súa empresa, resolverémola con eficacia. Por exemplo, nunha residencia da terceira idade, podemos fornecer desde os uniformes e calzado de todo o persoal (persoal sanitario, de cociña, de hostalería, persoal de mantemento, de barbería, de fisioterapia, etc) así como o equipamento de lenzaría do centro (colchóns, somieres, almofadas, sabas, protectores de colchón, toallas, etc). Se fan unha festa para os residentes, nós proporcionámoslles as camisetas, as gorras, os panos, co lema ou impresión que desexen. Se desexan facer un agasallo por Reis aos seus residentes, encargámonos tamén de fornecelo e que o reciban en papel de agasallo e etiquetaxe co seu nome.
Póñase en contacto coa nosa empresa e informarémoslle sen compromiso. |